Esta iniciativa promovida polo Laboratorio Oficial da Metroloxía de Galicia (LOMG) e pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, ten como obxectivo divulgar a historia e a evolución da Metrología na sociedade galega, así como os instrumentos empregados no tecido industrial.

Así mesmo tamén dará acceso á sociedade a visitar de forma virtual as instalacións e maquinaria de medida da industria galega ás que resultaría difícil facelo de forma física.

E para rematar divulgar a realidade da metrología, o sistema de medidas e a súa importancia na industria e na vida diaria..

Esperamos que este percorrido virtual sexa do seu agrado.


Optimizada 1024x768  |  Desarrollada por Ácido Comunicación     
Financiado por la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia e Innovación