> Temp. e humidade


Pirómetro de cuadrante | Descripción


Este instrumento empregábase para demostrar a dilatación en liña dos metais e para comprobar o diferente coeficiente de dilatación dos mesmos. Sobre unha base rectangular de madeira vai montado un depósito cilíndrico de alcohol e dous soportes metálicos verticais. Nestes soportes axústase a variña metálica sobre a que se estuda a dilatación. Orixinalmente estes aparellos dispuñan de cinco variñas intercambiables de distintos metais, como mínimo de ferro, cobre e bronce. Na actualidade só se conserva a de cobre.

Época: Primeira metade do século XIX

Facultade de Física (U. Santiago)