> Presión


Manómetro de Bourdon | Descripción


Os manómetros son instrumentos que se empregan para medir a presión dun gas encerrado nun recipiente. Componse dun tubo de latón duns 70 cm de lonxitude, envolvido en hélice. As paredes do tubo son delgadas e flexibles. O extremo aberto vai unido a un tubo con chave de paso, que sirve para poñer en comunicación o manómetro co depósito de gas do que se pretenda medir a presión. O tubo envolto está disposto no interior dunha caixa metálica con bordes de madeira, e ten o seu extremo pechado en contacto cunha agulla que se despraza sobre unha escala    , graduada entre 1 e 8 atmósferas. O manómetro de Bourdon baséase no principio de que calquera presión exercida no interior do tubo envolvido tende a desenvolvelo, mentras que as presións exteriores tenden a envolvelo.

Fabricante: B.Bourdon. París.

I. E. S. Otero Pedrayo (Ourense)