> Presión


Barómetro truncado | Descripción


Superficie metálica de forma circular recuberta cun disco de vidro moi pulido, sobre o que asenta a boca da campá de vidro. No centro do disco remata a conducción que comunica coa máquina neumática encargada de face-lo baleiro dentro da campá. Un barómetro truncado permite medi-lo grao de enrarecemento acadado, próximo a unha tensión de 1mm de ácido sulfúrico. O barómetro soía encherse con este ácido en lugar de mercurio, xa que estaba destinado a indicar só presións máis baixas que a atmosférica. No disco metálico sitúanse tamén dous bornes eléctricos, co obxecto de poder realizar en baleiro algunha experiencia deste tipo. Gravado unha escala de 1 a 8, a indicación “atmosferes” e “Manometre metallique de B. Bourdon Breveté a Paris”.

Fabricante: Max Kohl. Chemnitz. Alemania.

I. E. S. Otero Pedrayo (Ourense)