> Outras


Sacarímetro | Descripción


De Soleil perfeccionado. O sacarímetro emprega luz branca e usa unha placa de bicuarzo para apreciar os cambios no plano de vibración da luz. Se entre dous nícoles situados paralelamente interpoñemos unha placa de bicuarzo o campo aparece dividido en dúas metades, e se logo se interpón un tubo con substancia activa a igualdade das cores desaparece. O tubo coa disolución sitúase entre dous diafragmas perforados e a luz incidente é polarizada por un prisma acromático. Neste modelo de sacarímetro o produtor de tintas sensibles, unha lámina de cuarzo tallada perpendicularmente ao eixo e un prisma de Nicol, atópase na parte anterior.

Época: Segunda metade do século XIX.

Fabricante: J. Duboscq-Soleil Blé S.G. du G. PARIS.

Facultade de Física (U. Santiago)