> Outras


Sacarímetro | Descripción


Para proceder á determinación colócase diante do sacarímetro unha luz branca intensa. Despois énchese un tubo con auga,colócase no instrumento e diríxese este cara a luz, movendo o anteollo ata que aparecen ben claras as dúas metades da lámina de bicuarzo. Xírase despois o botón do compensador ata que as dúas metades do campo aparecen igual de coloreadas. A escala do compensador debe atoparse en cero e debe buscarse a tinta máis sensible, aquela na que o observador aprecia mellor os cambios. De seguido substitúese o tubo con auga polo que ten a disolución azucrada, desaparecendo entón a igualdade dos campos, polo que hai que xirar o mando correspondente ata restablecela de novo. Por último faise a lectura na escala do compensador, deducindo a proporción de azucre.

Época: Primeiras décadas do século XX

Fabricante: C. Reichert. WIEN.

Facultade de Física (U. Santiago).