> Masa e Densidade


Balanza de Mohr-Wesphal | Descripción


Empregábase para determinar de modo sinxelo e rápido a densidade dos líquidos.Sobre o brazo longo, que leva dez marcas numeradas que representan a décima parte da súa lonxitude, cólgase un termómetro en cápsula de vidro, que cando está no aire equilibra a balanza.Cando o termómetro se mergulla en auga destilada a balanza equilíbrase colocando o cabalete máis grande P' na posición I. (división 10 do brazo da panca). Equilíbrase así un peso igual ó volume de auga desaloxada. P' tómase como unidade.Cando o termómetro se mergulla no líquido problema vanse suspendendo cabaletes nas muescas ata logra-lo equilibrio. O peso representado por eles é o específico buscado.(Faltan as pesas)

I. E. S. Otero Pedrayo (Ourense)