> Masa e Densidade


Globo de vidro para pesar gases | Descripción


Consiste nun globo de vidro que ten na gorxa unha chave de paso que o peche herméticamente. Dispón na boca dun armazón metálico cun gancho curvo que permite a súa sustentación para as pesadas. O globo de vidro ten unha peana de madeira de forma semiesférica, que permite o seu perfecto asentamento. O aparello permite a realización da experiencia inversa á realizada por  Galileo, quen comprobou que se nun recipiente se comprime aire aumenta o seu peso. Otto de Guericke pesou primeiro o globo de vidro cheo de aire e volveuno pesar despois de extraer o aire cunha máquina de baleiro, observando unha reducción dalgúns gramos no peso. Coñecendo o volume do globo, podíase averiguar o peso dun litro de distintos gases.

Época: Adquirido en 1855.

I. E. S. Otero Pedrayo (Ourense)