> Medidas Eléctricas


Multímetro | Descripción


Varios.

Estuche grande en forrado en coiro con asa. No interior, petos para os cables de conexións e escalas graduadas con varias conexións laterais. A escala superior é un fasímetro. Indica “monophasé - cos phi – triphasé”. Graduada (a monofase, en negro) de 0,2 a 0,5 pasando polo 1. A trifásica (en vermello) de 0,4 a 0,2 pasando polo w.  A escala inferior é un voltioamperímetro. A intensidade vai de 0 ata 10, 50, 200 e 1000 A según o tipo de conexión usada. A escala de voltímetro de 0 a 150 voltios. Ao redor diferentes tomas de clavixas para medir os diferentes rangos de intensidade. Parafuso de posta a cero.

Fabricante: Chauvin Arnoux.

Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa