> Medidas Eléctricas


Vatímetro | Descripción


Potencia eléctrica.

Caixa de madeira con asa de coiro,  6 conectores e esquemas de conexión na parte superior. Media porta frontal que deixa ver unha escala graduada de 0 a 70 W. Inscricións: “Max. 5/10 Amp. Mas. 75 Volts. Wattmètre”. E varias equivalencias. Espello por tras da agulla indicadora. Sobre a tapa a indicación (en francés): “pour mesurage de courant triphasé avec concordance de phases, avec conducteur neutre les indicationes sont à multiplier avec trois”.

Fabricante: Dr. Paul Meyer A. G. Berlín. Nº 39.

Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa.