> Medidas Eléctricas


Voltímetro | Descripción


Voltaxe.

Este voltímetro aseméllase ao modelo proposto por Desruelles e Chauvin. Está formado por un carrete semicircular provisto de dúas placas moi delgadas de ferro doce, unha delas está aplicada no interior do carrete, a outra no centro unida a un eixe, e ambas as dúas relacionadas por un resorte. Cando pasa a corrente polo carrete desvíase a placa do centro e transmite o movemento á agulla. A escala vai de 0 a 30 V.

Época: Segunda metade do século XIX.

Fabricante: F. Dalmau (N) BARCELONA.

Facultade de Física (U. Santiago).