> Medidas Eléctricas


Vatímetro | Descripción


Potencia eléctrica.

O vatímetro ven ser un contador que permite coñecer o consumo nos cadros de distribución. Está constituído en esencia por un motor tetrapolar movido por unha derivación da corrente que se quere medir e excitado pola corrente total. O esquema interno consta dunha bobina amperimétrica fixa, de espiras grosas, que é percorrida pola intensidade I. Na derivación dispón dunha bobina voltimétrica móbil de espiras finas. Está preparado para 120 voltios e intensidade máxima de 3 Amperios. Escala desde 0 a 300 W.

Época: Primeiras décadas do século XX.

Fabricante: Carlos Knappe. MADRID.

Facultade de Física (U. Santiago).