> Medidas Eléctricas


Galvanómetro vertical de cuadrante | Descripción


Este galvanómetro está formado por unha bobina montada verticalmente sobre unha base trepia de metal con pes regulables en altura. No interior da bobina oscila unha coitela de aceiro que sostén unha agulla en equilibrio vertical que sinala a medida diante dunha escala, co cero en posición central e o valor 40 nos extremos, dividida en unidades.

Época: Segunda metade do século XIX.

Facultade de Física (U. Santiago).