> Luz e Cor


Heliógrafo | Descripción


A duración da insolación calcúlase concentrando os raios solares sobre unha banda de cartulina tinguida de azul que se queima no punto no que se forma a imaxe do sol. Utilízase como focalizador unha esfera de cristal, de forma que non é necesario mover este foco constantemente debido ó movemento aparente d o sol ó longo do día e do estacioario. A banda fíxase por medio de ranuras a un soporte curvo e concéntrico coa esfera e ten impresa unha escala de 30 minutos. Se o sol luce durante todo o día sobre a banda fórmase unha traza carbonizada continua e a duración da insolación determínase midindo a lonxitude da traza carbonizada. Se o sol brilla de forma discontinua, dita traza é intermitente. Neste caso, a insolación determinase sumando a lonxitude das trazas resultantes.