> Luz e Cor


Pirheliómetro de Pouillet | Descripción


Formado por unha caixa cilíndrica de cobre ou prata de paredes moi finas. A cara superior que se expón ao sol está ennegrecida para que a absorción sexa máxima, mentres que a cara inferior vai unida a un tubo que lle serve de soporte e permite a súa mellor orientación mediante un parafuso. Utilízase para medir a cantidade de calor emitida polo Sol segundo a variación determinada pola altura do astro no horizonte e a limpeza da atmosfera, funcionando dun xeito parecido a un calorímetro de auga.