> Temp. e humidade


Termómetro de mercurio | Descripción


Os termómetros empréganse para medi-las variacións de temperatura dos corpos. O seu emprego está baseado no aumento ou diminución regular do volume de certos corpos (mercurio neste caso), cando a temperatura varía. Este termómetro vai montado sobre base de madeira e leva gravadas tres escalas distintas: á esquerda, escala Réaumur entre -20º e 80º; no centro leva a escala centígrada, entre -30º e 100º e á dereita a Fahrenhein -30 e 212º.

 

Fabricante: Aramburo Ópticos de Madrid.

I. E. S. Otero Pedrayo (Ourense)